As Pontes acolle do 20 ao 23 de agosto unha nova edición de The Burger Top

TerraChaXa | FerrolXa
O Skatepark será o escenario desta proposta gastronómica, que ofrecerá hamburguesas elaboradas con ingredientes premium e receitas orixinais
top-burger-as-pontes
19 Aug 2026

O municipio das Pontes acollerá desde este xoves, 20 de agosto, ata o domingo 23 unha nova edición de The Burger Top, unha proposta gastronómica centrada no mundo das hamburguesas e que se instalará no Skatepark de As Pontes.

Durante estes días, as persoas asistentes poderán probar diferentes hamburguesas elaboradas con ingredientes premium e receitas orixinais, nunha proposta que busca ofrecer combinacións e sabores diferentes.

A actividade desenvolverase ao longo de catro xornadas, do 20 ao 23 de agosto, e invita ao público a achegarse ao recinto para descubrir e degustar as distintas propostas gastronómicas.

0.12592387199402