As Pontes acolle dúas actividades gratuítas sobre os beneficios do exercicio físico nas persoas con cancro

O Concello das Pontes, en colaboración coa Universidade da Coruña e a Asociación Española contra o Cancro (AECC), organizará este mes dúas actividades gratuítas para dar a coñecer os beneficios da actividade física nas persoas con cancro e fomentar a súa incorporación aos hábitos de vida diarios.
A primeira será unha charla informativa que terá lugar o mércores 23 de setembro, ás 16.30 horas, na Aula Polivalente, situada no segundo andar da Casa do Peso. A sesión permitirá coñecer a importancia do exercicio físico durante o proceso oncolóxico e os seus posibles beneficios.
A programación continuará o mércores 30 de setembro, ás 16.00 horas e no mesmo espazo, cun taller práctico no que as persoas participantes poderán descubrir como incorporar a actividade física ao seu día a día.
As dúas propostas son gratuítas e requiren inscrición previa. As persoas interesadas poden anotarse no teléfono 981 14 27 40 ou a través do correo electrónico acoruna@contraelcancer.es.
A iniciativa enmárcase no traballo da Cátedra AECC-UDC Exercício contra o Cancro e busca ofrecer información e ferramentas para que a actividade física forme parte dos hábitos de vida saudables, baixo a mensaxe de que cada movemento conta.