As Pontes acolle esta fin de semana a X Regata Lago das Pontes de clase Optimist

TerraChaXa | FerrolXa
A competición, que se celebrará os días 17 e 18 de outubro, será a segunda clasificatoria da tempada para esta categoría e permitirá sumar puntos para o Ranking Galego
regata-vela-optimist
16 Oct 2026

O Lago das Pontes será escenario esta fin de semana, os días 17 e 18 de outubro, da X Regata Lago das Pontes, unha proba de vela lixeira na clase Optimist que reunirá participantes nunha cita puntuable para o Ranking Galego.

A competición, organizada polo Club de Vela Fluvial As Pontes, será a segunda clasificatoria da tempada para esta categoría. Os regatistas buscarán acadar bos resultados para mellorar a súa posición na clasificación galega.

A proba conta coa colaboración de distintas entidades e institucións, entre elas o Concello das Pontes, a Deputación da Coruña e Deporte Galego, ademais do apoio de varias empresas patrocinadoras.

0.16215920448303