As Pontes acolle este domingo o Campionato Galego de Velocidade no Circuíto

TerraChaXa | FerrolXa
A proba contará coa participación de diferentes categorías, entre elas as Clásicas Super Series, Clásicas 2T, SBK, Minimotos 4.2, MiniGP160 e MiniGP110
Campionato-Galego-de-Velocidade
12 Sep 2026

As Pontes acollerá este domingo, 13 de setembro, unha nova xornada do Campionato Galego de Velocidade – Xunta de Galicia 2026, que reunirá no Circuíto das Pontes pilotos e afeccionados ao motociclismo.

A proba contará coa participación de diferentes categorías, entre elas as Clásicas Super Series, Clásicas 2T, SBK, Minimotos 4.2, MiniGP160 e MiniGP110.

O Circuíto será escenario dunha xornada de competición na que a velocidade e o espectáculo serán os protagonistas, cunha cita que forma parte do calendario galego de motociclismo.

Desde o Concello de As Pontes animan á veciñanza e aos afeccionados a achegarse ao circuíto para desfrutar dunha xornada deportiva en torno ao motociclismo e vivir de preto a competición.

A cita está incluída no calendario do Campionato Galego de Velocidade 2026, organizado coa colaboración da Federación Galega de Motociclismo, a Xunta de Galicia, Deporte Galego e as deputacións galegas.

0.1411018371582