As Pontes acolle o día 15 a terceira Romaría das Merendas

TerraChaXa
Un día enteiro de música e diversión, ambientado nos anos 50, na Fraga de Dona Rita
romaria-das-merendas-as-pontes
Cartel da Romaría
11 Xuño 2024

O grupo de música tradicional No Cómbaro e o Concello das Pontes organizan a terceira edición da Romaría das Merendas que será o sábado 15 de xuño.

Un día enteiro de música e diversión, ambientado nos anos 50, na Fraga de Dona Rita, e na que se recuperará o esplendor dunha romaría de sempre

Esta celebración está aberta a todos os públicos e só é preciso levar unha mantiña, unha cesta coa comida e moitas ganas de diversión.

O programa arrancará ás 13.00 cunha sesión vermú que se prolongará ata as 15.00 horas. Contarán con Aquí e Alá de Outes e Lousame, Xermolos de Guitiriz e Brixta de Ferrol.

Continuarán as merendas a partir das 15.00 horas, e de 18.00 a 23.00 horas haberá unha foliada estelar coa participación de Os Netos do Escribano, Buxainas, Axeigo, Embruxo, Curuncunca y Los Panda, Nimbos, Toma de Terra e, o anfitrión, No Cómbaro.

0.18539190292358