As Pontes acolle o domingo o Campionato Galego de Velocidade

TerraChaXa
O circuíto acollerá esta fin de semana o Campionato Galego de Velocidade, organizado pola escudaría As Pontes Martín Vázquez Racing.
campionato galego velocidade portada
campionato galego velocidade portada
30 Mar 2023

O circuíto das Pontes acollerá esta fin de semana o Campionato Galego de Velocidade, organizado pola escudaría local As Pontes Martín Vázquez Racing en colaboración coa Federación Galega de Motociclismo.

A proba, na que participarán medio centenar de pilotos procedentes de toda Galicia, con idades comprendidas entre os 6 anos e os 50 anos, inclúe as categorías Minimotos 4.2, MiniGp 110, SM-65 Road, SM-85 Road, Pit Motard sub18,160 e 190), SBK (Júnior, Master e Criterium), Supermoto (Promesas/Open/Master) e Clásicas ( 2 Tempos e Super Series)

O circuíto das Pontes abrirá o sabado as súas portas ás 09:00 horas, para a partir das 10:00 horas, comezar a queda de adestramentos libres na que poderán participar, tanto pilotos que compiten no campionato galego, como outros pilotos que queren probar o trazado pontés.

Xa o domingo, a competición comezará ás 10:00 horas, coa disputa da primeira crono. A continuación, sobre ás 11.30 horas terá lugar a segunda cronometraxe, á primeira manga comenzara ás 13:00 horas, a segunda manga sera á partir das 15:00 horas, finalizando a competición as 17:00 horas, ca entrega de premios.

Desde o Concello invitan á veciñanza e ás persoas amantes do deporte do motor a achegarse ata o circuíto, nunha fin de semana na que "As Pontes se converterá no epicentro do motociclismo galego e no que se poderá gozar dun auténtico espectáculo deportivo"

campionato galego velocidade
0.19724106788635