As Pontes acolle o sábado 27 a VIII Ruta Turística

TerraChaXa

A escudería Automóvil Club As Pontes organizan a VII Ruta Turística Vila de As Pontes o sábado 27 de setembro.

ruta turistica as pontes portada
ruta turistica as pontes portada
19 abr 2024

A escudería Automóvil Club As Pontes organizan a VII Ruta Turística Vila de As Pontes o sábado 27 de setembro. Esta é unha proba de carácter non deportivo xa consolidada ano tras ano tanto no Concello das Pontes como a nivel Ferrolterra e que é puntuable para o Open Rutas Turísticas Ferrolterra.

Tamén será a segunda proba do campionato 2024 que discorrerá por distintas estradas do concello das Pontes.

Neste tipo de probas poden participar tanto coches clásicos (máis de 25 anos o día da proba) como coches máis actuais.

O prezo da inscrición é de 60 euros para piloto e copiloto con dereito a cea fin de ruta, e de 30 euros se non se queda a cea.

Farase entrega de dorsais e demais documentación na Cervexería O Colador a partir das 15:00 estando situado o parque pechado no patio do Colexio Santa María dende onde será a saída para realizar as tres seccións das que consta Ruta, ata rematar no restaurante Campo de tiro onde se reunirán para a cena fin de ruta

Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados así como para o primeiro equipo feminino (que non estea entre os tres primeiros clasificados), primeiro equipo con vehículo histórico (máis de 30 anos, que non estea entre os tres primeiros clasificados ) e para o primeiro equipo das Pontes (que os dous compoñentes do equipo sexan das Pontes e que non estea entre os tres primeiros clasificados).

A inscrición está aberta e pode facerse ata o 27 de abril a través da web do club ou no mesón 7 Camiños e bar Xambas de Moeche.