As Pontes acolle o seu tradicional Concerto de Outono a última fin de semana do mes

TerraChaXa | FerrolXa
No evento musical participarán catro destacadas formacións corais, sendo a principal a Coral Endesa de As Pontes
corais-cine-alovi-as-pontes
30 Oct 2026

O outono énchese de música nas Pontes coa celebración dunha cita moi especial este vindeiro sábado, ás 20.00 horas, no Cine Alovi.

Trátase do Concerto de Outono da Vila de As Pontes, un gran encontro de voces e harmonías que servirá para dar a benvida á estación e compartir cultura da mellor maneira posible.

Nesta edición do evento musical participarán catro destacadas formacións corais, sendo estas a Coral Polifónica Brisas del Mar, procedente de Corme; a Coral Polifónica Virgen del Mar, de Cedeira; a Coral Polifónica de Isla Cristina, dende Huelva; e a anfitrioa, Coral Endesa de As Pontes.

Esta cita ineludible constitúe unha magnífica oportunidade para gozar en directo da riqueza da música coral.

0.15412902832031