As Pontes acolle unha masterclass de vento metal con Gonzalo Sánchez García

TerraChaXa
A actividade contará con dez prazas para alumnado activo, que poderá perfeccionar a súa técnica instrumental
masterclas-vento-metal-as-pontes
27 Mar 2025

Este sábado, 29 de marzo, a Escola de Música Banda Cultural e Recreativa das Pontes será o escenario dunha masterclass de vento metal impartida por Gonzalo Sánchez García, recoñecido músico e docente.

A actividade contará con dez prazas para alumnado activo, que poderá perfeccionar a súa técnica instrumental. O prezo de inscrición será de 20 euros para estudantes da Escola de Música das Pontes e 40 euros para alumnado externo. Tamén existe a opción de asistir como alumnado oínte por 10 euros.

A xornada desenvolverase nas instalacións da Escola de Música en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas, rematando cun acto de clausura ás 20:30 horas.

As inscricións poden realizarse a través dos profesores da escola, mediante mensaxe en Facebook (banda.aspontes), chamando ao teléfono 679 956 185 ou enviando un correo a escolademusicaspontes@gmail.com.

Esta iniciativa, apoiada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello das Pontes, ofrece unha oportunidade única para os amantes da música de vento metal, nunha xornada de aprendizaxe e perfeccionamento.

⚙ Configurar cookies
0.8026819229126