As Pontes acollerá este domingo dous obradoiros creativos de bordado e gancho

TerraChaXa | FerrolXa
As propostas, organizadas por Crafty Lu e Puntadas con Agarimo, permitirán aprender novas técnicas de artesanía e personalizar prendas e complementos
talleres-gancho-as-pontes
3 Nov 2026

As Pontes acollerá este domingo, 8 de novembro, unha xornada dedicada á creatividade e á artesanía da man de Crafty Lu e Puntadas con Agarimo, que organizarán dous obradoiros para achegar ás persoas participantes diferentes técnicas de traballo manual.

A primeira proposta será un obradoiro de bordado sobre tecido, que se desenvolverá de 10.00 a 13.00 horas. As persoas asistentes deberán levar unha prenda de punto propia para aprender a bordala e transformala nunha peza única e personalizada.

Pola tarde, de 15.00 a 18.00 horas, terá lugar un obradoiro de mitóns a gancho, no que se ensinará a tecer unhas luvas de estilo Santapazienzia mediante a técnica do crochet.

O prezo é de 35 euros por obradoiro, co material incluído. Ademais, a organización indica que as socias contarán cunha subvención de cinco euros.

As actividades celebraranse no local situado na rúa Narón, número 13, baixo, en As Pontes. Para obter máis información ou formalizar a inscrición, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 658 969 150.

A iniciativa busca ofrecer un espazo para aprender novas técnicas, desenvolver a creatividade e gozar da elaboración de pezas artesanais coas propias mans.

0.15703392028809