As Pontes acollerá este sábado o International Krav Maga Training Camp 2026

TerraChaXa | FerrolXa
O evento, organizado pola Escola HKF de Defensa Persoal e Policial, conta coa colaboración do Concello e da Deputación da Coruña
internacional-krav-maga-camp
25 Sep 2026

O Lago das Pontes será este sábado, 26 de setembro, o escenario do International Krav Maga Training Camp 2026, unha xornada internacional de formación, convivencia e aprendizaxe sobre defensa persoal, con instrutores e participantes procedentes de distintos países.

O evento, organizado pola Escola HKF de Defensa Persoal e Policial, desenvolverase en As Pontes de García Rodríguez e conta coa colaboración do Concello e da Deputación da Coruña. A xornada tamén incorpora un compromiso coa igualdade e a inclusión social.

As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través da organización. Segundo a información difundida polo Concello, tamén se habilita a inscrición de balde e facilítase un teléfono de contacto para obter máis información.

0.11385607719421