As Pontes acollerá este sábado unha nova edición do Festival de Rondallas

A Rondalla Vila das Pontes organiza hoxe sábado 3 de outubro, unha nova edición do Festival de Rondallas, unha cita dedicada á música e á tradición popular que terá lugar ás 20.00 horas no Cine Alovi.
O encontro contará coa participación do Coral San Esteban de Redondela, a Rondalla de Cedeira e a propia Rondalla Vila de As Pontes, que ofrecerán ao público unha noite de música e cultura popular.
O festival está organizado pola Rondalla Vila das Pontes e conta coa colaboración do Concello das Pontes e da Deputación da Coruña.
A cita permitirá reunir no escenario diferentes formacións para compartir a súa música e contribuír á difusión dunha tradición musical estreitamente ligada á cultura popular galega.