As Pontes acollerá o Campionato de España de Ciclocróss no ano 2025

TerraChaXa
A Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo aprobou a sede do Campionato de España de Ciclocrós de 2025 para As Pontes
ciclocros as pontes4
ciclocros as pontes4
5 Abr 2023

A Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo aprobou na súa última reunión as data e a sede do Campionato de España de Ciclocrós de 2025: o lugar escollido é As Pontes, localidade que se gañou un oco dentro do corazón dos especialistas en ciclocrós trala cita celebrada no mes de outubro.

A Comisión Delegada da RFEC aprobou na súa última reunión a data e sedes do Campionato de España de Ciclocrós 2025. O Nacional de Ciclocrós 2025 celebrarase do 10 ao 12 de xaneiro de 2025.

Serán centos de participantes e de afeccionados os que visitarán a vila no mes de outono. Dende o Concello vese como un premio aos clubs locais que pelexaron por traer o campionato galego celebrado aquí, e que tan bo sabor de boca deixou na Federación Galega, gran defensora do circuíto das Pontes.

0.1795539855957