As Pontes acollerá un obradoiro de elaboración de velas aromáticas o vindeiro domingo

TerraChaXa | FerrolXa
As persoas interesadas en participar poden solicitar información e formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono 658 961 505
candeas-aromaterapia
24 Nov 2026

A iniciativa Puntadas con Agarimo organiza unha actividade creativa especial con motivo do Nadal: un obradoiro de elaboración de velas aromáticas impartido por Elena, de BJ Candle Studio, no que as persoas participantes poderán aprender a crear as súas propias velas e descubrir o mundo dos aromas.

A proposta celebrarase o domingo 29 de novembro, en horario de 11.30 a 13.30 horas, no número 13 da rúa Narón, nas Pontes. Durante a sesión, as persoas asistentes terán a oportunidade de coñecer o proceso de elaboración de velas aromáticas, experimentar con diferentes materiais e deixar voar a súa imaxinación para crear unha peza propia coa que achegar un ambiente acolledor aos seus fogares.

O obradoiro ten un prezo de 45 euros, cos materiais incluídos, e está concibido como unha alternativa de lecer diferente para compartir unha mañá de creatividade e ambiente do Nadal.

As persoas interesadas en participar poden solicitar información e formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono 658 961 505.

A actividade enmárcase nas propostas de Nadal promovidas en Puntadas con Agarimo, que buscan ofrecer experiencias creativas e participativas para gozar destas datas dun xeito diferente.

0.11452794075012