As Pontes acolleu o torneo das Series Españolas de rugby praia

TerraChaXa
Malditos Rc e e Santiantes Rc levaron a copa en M17 e M15
Series-Españolas-de-rugby-praia-nas-Pontes
7 Ago 2024

O lago das Pontes acolleu as Series Españolas de rugby praia nas que competiron as categorías mixed ability rugby inclusiva M15 e M17, que deron o pistoletazo de saída a este torneo organizado pola AD Monte Medulio e o CR Fendetestas.

Así o Malditos Rc e e Santiantes Rc levaron a copa en M17 e M15, que lles fixo entrega a tenente de alcalde Pontesa, Ana Pena.

Pola súa parte, o sábado foi a quenda dos equipos senior, con 12 candidatos en cada categoría e os Vacceos e Vacceas Elite envorcados en conseguir o título nacional. O sorteo de grupos fixo que os 4 mellores equipos do torneo en ambas as categorías víranse as caras en semifinais.

En Categoría Masculina, Rugby de Vigo desfíxose dos segovianos de Vacceos Elite Norte, e os Fesorians asturianos facían o propio co combinado galego Arroases. En categoría Feminina, Nin Putas Nin Ideas e Thetas X A Paz foron moi contundentes tanto nos seus encontros de grupo como en semifinais, nas que se desfacían das Vacceas Sur e as pontevedresas de Perrechas Bravas.

Na quenda das finais, a mocidade e verticalidade do equipo de Chamas cara a morder a area aos Fesorians fixo que levaran o primeiro posto e os Mvp (Francisco Bianchi) e MVP M23 (Fiz Pazos). Na outra final, Nin Putas nin ideas conseguiron tres puntos antes do descanso e o equipo madrileño de Thetas subiu un punto de intensidade e conseguiu igualar o encontro. Durante a prórroga, Thetas conseguiu o ouro, revalidando o título.

Pola súa parte, o MVP (mellor xogador do encontro) femininos foron a parar a mans de Raquel Alonso e Carolina López Abella.

0.18824505805969