As Pontes celebra este sábado a VII edición do Slalom Vila das Pontes

TerraChaXa
A proba é puntuable para o Campionato de Galicia da Federación Galega de Automobilismo
slalom-vila-de-as-pontes
27 May 2026

O circuíto das Pontes albergará, esta fin de semana a sétima edición do Slalom Vila das Pontes, puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom da Federación Galega de Automobilismo.

A proba, organizada dende o Automóbil Club As Pontes (ACAP) e espérase contar con preto dun centenar de inscritos para as sete modalidades que se van disputar ao longo de toda a xornada.

Este Slalom Vila das Pontes xa está consolidado dentro do calendario do Campionato Galego de Slalom e está dentro das tres mellores probas do campionato, segundo as valoracións da Federación Galega de Automobilismo.

Un Slálom é unha proba de habilidade ó volante, que se desenrolará sobre un pavimento plano, asfaltado, encementado ou co 20% en superficie en terra, que comporta cambios de dirección marcados preferentemente por obstáculos, como conos ou portas.

En canto ao desenvolvemento da proba, os participantes deberán facer fronte a un percorrido de algo máis de 1.300 metros, en dúas mangas oficiais, e haberá un total de sete agrupacións xa que, como xa se fixo na edición anterior, este ano volve estar incluído o grupo VII no que participan vehículos de serie, con 1.200 cc de cilindrada máxima.

Este VII Slalom Vila das Pontes dará comezo o sábado 30 de maio ás 8:30h coa entrega dos dorsais e as verificacións técnicas dos vehículos participantes. Ás 11:00 arrincará a primeira manga de adestramentos e a entrega de premios está marcada para as 22.00 horas, nas mesmas instalacións do circuíto pontés.

Haberá premios para os oito mellores da clasificación xeral, os tres premios en cada unha das agrupacións e os tres primeiros da Copa Debutantes. Serán un total de 950 euros en metálico.

0.14084792137146