As Pontes celebra este sábado a XXXIX Mostra Coral

TerraChaXa
Trátase dunha cita tradicional que se organiza arredor das Festas do Carme e da Fraga
mostra-coral-as-pontes
Cartel
3 Jul 2026

A vila das Pontes acolle este sábado, 4 de xullo, a XXXIX edición da Mostra Coral Vila das Pontes, que terá lugar a partir das 20.00 horas no auditorio Cine Alovi.

Na Mostra participarán tres corais, a Coral Airiños de Caranza, a Coral Polifónica Costumes de Bergondo e a Agrupación local Endesa-As Pontes, organizadora tamén do evento.

Trátase dunha cita tradicional que se organiza arredor das Festas do Carme e da Fraga das Pontes.

0.12231802940369