As Pontes conta cunha ruta apícola potenciada pola Casa do Mel

TerraChaXa
A Casa do Mel de Goente entreou unha ruta de sendeirismo de nove quilómetros con visitas a varios colmeneiros e á aula da natureza.
casa do mel goente6
21 Maio 2021

A Casa do Mel de Goente estreou onte unha nova iniciativa que conxuga a apicultura co turismo e que consiste na posta en marcha dunha ruta de sendeirismo de nove quilómetros con visitas a varios colmeneiros e unha parada na aula da natureza, cedida esta última por Endesa. Leva o nome de Apirruta.

O espazo inaugurouse onte coincidindo co Día Mundial das Abellas. Trátase dun espazo acotado de 1.500 hectáreas con varias colmeas, todas propiedade da Casa do Mel, polo que as visitas realizaranse en grupos reducidos de 20 persoas.

O lugar está ubicado nos terreos mineiros recuperados por Endesa tralo cese da extracción. A restauración da escombreira prolongouse máis de 2o anos.

Este novo proxecto darase a coñecer durante a fin de semana coa visita dos socios e o domingo cunha actividade para os pequenos.

O alcalde, Valentín González Formoso, e as concelleiras Elena López, Tania Pardo e Lorena Tenreiro acudiron a este acto no que indicaron que "quedou patente o bo facer da asociación pontesa de apicultores/as e a súa aposta pola formación, a investigación e o emprendemento".

DÍA DAS ABELLAS

Este domingo, ás 16.30 dará comezo unha sesión de obradoiros que se desenvolverá ata as 20.00 horas para dar a coñecer o labor que realizan na Casa do Mel.

Haberá polo tanto, construcción de hoteis para insectos, elaboración de candeas, apimerenda, degutación de mel e a realización dun tramo da Apirruta.

Os interesados en asistir poden poñerse en contacto coa organización no 603 482 401 ou no 981 102 249, ademais do correo casadomel@vodafone.es. As prazas están limitadas a 20 pequenos.

dia das abellas as pontes
0.10624599456787