As Pontes contará con persoal técnico especializado en igualdade
O Concello das Pontes abre o proceso selectivo para a contratación de persoal técnico especializado en Igualdade, ao abeiro dunha achega da Deputación da Coruña.
Tania Pardo, responsable da área de Igualdade apunta que “contar con persoal técnico especializado permitiranos traballar no Plan Municipal de promoción da Igualdade de xénero e poñer en marcha accións específicas a favor da igualdade e contar cun novo recurso na sensibilización e loita contra a violencia de xénero, ofrecendo atención especilizada ás mulleres da vila”
As persoas interesades en concorre neste proceso selectivo, a través de concurso-oposición, en quenda libre, deben reunir, entre outros, os seguintes requisitos; estar en en posesión ou en condición de obter na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes o título universitario de Grao, Licenciatura ou Diplomatura en igualdade, socioloxía, psicoloxía, dereito, ciencias políticas e da administración, psicopedagoxía ou pedagoxía, traballo social, educación social ou equivalente da área de ciencias sociais e xurídicas.
Ademais deberá ter formación mínima de 500 horas en materia de igualdade por razón de xénero, en igualdade de oportunidades por razón do xénero ou como axente de igualdade, con perspectiva de xénero e políticas de igualdade de oportunidades, certificadas por Administracións públicas, universidades ou fundacións universitarias. Esta formación tamén poderá ser en materia de violencia de xénero, acreditándose de igual modo.
As persoas aspirantes non terán sido separadas mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos e deberán estar en posesión do Celga 4 ou equivalente. Este requisito será, no seu caso, substituído pola proba de avaliación.
As solicitudes, xunto coa documentación requerida, poden presentase entre o 10 e o 23 de xuño, ambos días incluídos, exclusivamente a través da sede electrónica do Concello, dando lugar á exclusión a presentación da solicitude en papel no Rexistro Municipal, nas oficinas de Correos ou a través do sistema SIR de calquera administración.
Máis información: BOP 107 de 9 de xuño de 2021 ou na páxina web https://concello.aspontes.org/anuncio/proceso-selectivo-axente-igualdade-persoal-funcionario-interino-expediente-2021-e001-000005/