As Pontes contará con teatro este sábado coa obra 'Terapia de grupo'

TerraChaXa
Será ás 20:00 horas no auditorio municipal Cine Alovi das Pontes
alovi-as-pontes
28 Nov 2024

O próximo sábado, 30 de novembro, ás 20:00 horas, o auditorio municipal Cine Alovi das Pontes acollerá a estrea teatral da obra Terapia de Grupo, presentada pola compañía QueimaiStén Teatro.

Baixo a dirección de Agustín Bolaños, a representación conta cun elenco destacado formado por Olga Chamosa, Servando Filgueiras, María Caaveiro, Ángeles Gabeiras, J. Luis Fernández, David Lorenzo e José Fraga. A peza promete explorar temas relacionados con diferentes manías e comportamentos, como a aritmomanía, o síndrome de Tourette, o trastorno obsesivo-compulsivo (TOC), a ecolalia, a palilalia, as manías e a nosofobia, nun ton que combina reflexión e humor.

O evento está patrocinado polo Concello das Pontes e conta coa colaboración de QueimaiStén Teatro e Cultura Coa Autoría.

0.16341996192932