As Pontes continuará coa renovación da avenida da Habana

TerraChaXa
O Concello continuará cos traballos de renovación da Avenida da Habana, no tramo comprendido entre o número 99 e o cruce coa Rúa Cabanas.
Avenida Habana as pontes
Avenida Habana as pontes
21 mar 2023

O Concello en previsto continuar cos traballos de renovación da Avenida da Habana, no tramo comprendido entre o número 99 e o cruce coa Rúa Cabanas.

O proxecto, con orzamento de 166.538,11 €, con cargo á Deputación permitirá á reposición dos servizos de alumeado e a instalación dunha nova rede de recollida de augas pluviais así como executar un novo pavimento nas beirarrúas e na calzada.

Así, proxéctase a execución dunha nova rede de recollida separativa de aguas pluviais, en ambas marxes da rúa, dotada cos correspondentes sumidoiros e arquetas de recollida de acometidas de vivendas e instalaranse arquetas ao pe das baixantes.

Entre os traballos previstos inclúese a renovación do alumeado pública coa instalación de novos puntos de iluminación con tecnoloxía LED, sobre báculos dobres, de 65 w sobre brazo alto na estrada e con luminaria de paseo de 18.8 w para a beirarrúa.

As obras completaranse coa execución de novas beirarrúas, con bordo prefabricado de formigón e pavimento con baldosas de formigón granallado, en cor igual á empregada nas fases anteriores, así mesmo os pasos de peóns executaranse con baldosa regulamentaria de botóns e direccional. A calzada pavimentarase con aglomerado, a nivel, para crear unha plataforma única.

Os traballos rematarán coa dotación de mobiliario urbano e a reposición da sinalización horizontal e vertical.