As Pontes escolle as tapas gañadores do seu certame Saborea As Pontes

TerraChaXa
Fixo entrega dos seis galardóns a concelleira Elena López
entrega-premios-saborea-as-pontes
26 Nov 2024

A décima cuarta edición do concurso de tapas “Saborea As Pontes”, organizado polo Concello das Pontes en colaboración coa Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios das Pontes (Cohempo) serviu un total de 18.019 tapas.

A cifra deuna a coñecer, onte, a concelleira de Promoción Económica, Elena López, durante o acto de entrega dos premios do concurso gastronómico, celebrado entre os días 7 e 17 de novembro e no que participaron 15 establecementos, no que Delapiccola food bar obtivo o galardón á tapa máis valorada polo público así como o premio á mellor tapa pontesa, elexida polo xurado profesional.

Durante o acto de entrega de premios, no que estivo presente unha numerosa representación dos hostaleiros locais e da veciñanza, a edil, tras parabenizar ós premiados, amosou a súa satisfacción polos resultados acadados e agradeceu ao sector hostaleiro da vila o seu traballo e profesionalidade, facendo que Saborea As Pontes supere todas as expectativas, tanto na calidade das tapas como de participación.

“É un orgullo contar cun sector de profesionais, que ano tras ano, nos amosan o mellor de si mesmos facendo que Saborea As Pontes sexa xa un referente no ámbito dos concursos culinarios” subliñou a edil.

A concelleira tamén quixo dar as grazas á veciñanza e persoas visitantes polo seu apoio á hostalaría local, saíndo ás rúas, probando as tapas e contribuíndo á dinamización dun sector esencial na economía da vila, xerador de centos de postos de traballo. Un sector conformado por grandes profesionais, que cada día, nos agasallan co seu bo facer e co seu compromiso co futuro do noso pobo”, engadiu Elena López.

MELLOR TAPA PONTESA 2024

  • Delapiccola
  • Trastoy 3

TAPA MÁIS VALORADA POLO PÚBLICO 2024

  • Delapiccola
  • Trastoy 3
  • Taberna de Pancho
  • Sarum (mención especial)
0.14784002304077