As Pontes formalizou máis de 400 contratos laborais nos últimos catro anos

TerraChaXa
O Concello das Pontes, desde o ano 2015, asinou máis de 400 contratos laborais, tanto indefinidos como temporais de duración variable, a través de fondos propios e da concesión de diferentes achegas procedentes da Deputación da Coruña e do goberno autonómico.
23 Xan 2019

O Concello das Pontes, desde o ano 2015, asinou máis de 400 contratos laborais, tanto indefinidos como temporais de duración variable, a través de fondos propios e da concesión de diferentes achegas procedentes da Deputación da Coruña e do goberno autonómico.

Estas contratacións estiveron, na maior parte dos casos, orientadas a reforzar a plantilla laboral da administración local en áreas de interese xeral para o municipio tales como os servizos de obras, limpeza ou seguridade cidadá.

Desde o Concello, Ana Pena, apunta que: “A intención do goberno municipal é seguir fomentando a contratación desde a administración local. No último ano asinamos 96 contratos, ofrecéndolle á veciñanza unha oportunidade para incorporarse ó mercado laboral, contribuíndo a reducir as cifras de desemprego na nosa vila”.

Por medio de diversas achegas, procedentes da Xunta de Galicia, procedeuse á contratación do persoal directivo e dos alumnos-traballadores das tres edicións do Obradoiro de Emprego Pontes de Emprego para creación de páxinas web e das dúas edicións do Obradoiro de atención sociosanitaria no domicilio, Eume.

Tamén se formalizaron os contratos do persoal directivo e docente do Programa Integrado de Emprego “Pontes de Emprego I” e “Pontes de Emprego II” e se levou a cabo a contratación do persoal para as brigadas contra incendios, integradas por condutores de motobomba, xefes de brigada e operarios péons ou do persoal para a aula Aula CeMIT.

As achegas da Deputación da Coruña permitiron que se incorporasen ó persoal do Concello técnicos de turismo, empregados para o centro de interpretación medio ambiental e peóns de silvicultura.

O Concello asemade fixo efectiva, a través de fondos provinciais e propios, a contratación de auxiliares de axuda a domicilio, que se sumaron ó persoal do programa municipal de atención a domicilio.

O goberno local procedeu á contratación de auxiliares de policía, en réxime laboral temporal para apoiar ós funcionarios do corpo da Policía Local nas quenda de servizo e tamén se cubriron diferentes prazas de funcionarios interinos con auxiliares administrativos nos departamentos de cultural, contratación e persoal, entre outros.

Por outra banda a concelleira tamén subliñou a intención do Concello de continuar aportando para manter á baixada do paro no municipio, unha cifra que supón o 3.9% de la poboación de As Pontes fronte ó 4,9% do ano 2017, a través da contratación e da formación.

“Os datos amosan a importancia de mellorar a cualificación dos nosos veciños e veciñas. Corenta persoas participan nos obradoiros duais de emprego, reciben un salario e melloran as súas competencias en dous sectores, o tecnolóxico e o sanitario, cunha alta demanda de empregados. Once participantes da primeira edición do Obradoiro de Emprego Eume, levado a cabo o ano pasado, atópanse traballando. Cen veciñas participan na segunda edición do Plan Integrado de Emprego co que logramos, no ano 2018, a inserción de 44 ponteses e pontesas. Os datos son moi positivos e dannos un pulo para seguir na mesma liña de traballo, nun marco de competencias limitado”.

0.18852305412292