As Pontes: Formoso revalida a absoluta

TerraChaXa
O alcalde volve ter a lista máis votada con moita diferenza, aínda que descende a porcentaxe pola caída da poboación e a perda de asentos
valentin gonzalez formoso alcalde as pontes
valentin gonzalez formoso alcalde as pontes
31 Maio 2023

O alcalde volve ter a lista máis votada con moita diferenza, aínda que descende a porcentaxe pola caída da poboación e a conseguinte perda de asentos

CONCELLEIROS ELECTOS

◆ Valentín González Formoso (PSOE)
◆ Ana María Pena Purriños (PSOE)
◆ Elena Lopez Seco (PSOE)
◆ Roberto Rivera Rego (PSOE)
◆ Antonio Alonso Román (PSOE)
◆ Tania Pardo Cabarcos (PSOE)
◆ Lorena Tenreiro Blanco (PSOE)
◆ Carmela Franco Caaveiro (BNG)
◆ Francisco da Silva Vello (BNG)
◆ María Jesús Romero Franco (BNG)
◆ Diego Balsa Bellas (BNG)
◆ Mª Carmen Dopico Rodríguez (PP)
◆ Fernando Vilaboy Ledo (PP)

As Pontes seguirá a ser un bastión socialista catro ano máis logo dunha nova vitoria por maioría absoluta de Valentín González Formoso.

A perda de poboación obrigou á Corporación a conformarse con catro concelleiros menos polo que a comparativa cos anos anteriores é moi diferente. A maioría segue sendo vermella pero cae o número de votos totais aínda que asegurou a absoluta de forma clara.

Soben tramén as outras forzas, axudadas pola desparición dos partidos independentes.

O BNG segue a ser a forza máis votada e ten un concelleiro máis tras unha intensa campaña da debutante Carmela Franco, que fundamentou o seu traballo en reunións constantes. Tamén dobra o número de deputados o PP, que tiña 1. Á fronte do mesmo está María del carmen Dopico, outra cara nova na corporación das Pontes.

Pasou factura á localidade o peche da central e tamén a perda de poboación que deixou unha composición de corporación moi diferente.

Polo momento non hai moitas dúbidas, o que é o presidente da Deputación da Coruña e tamén secretario xeral do PSdeG volverá dirixir os destinos dos ponteses catro anos máis e farano apoiado por un equipo no que se manteñen a maior parte deles e donde o peso das mulleres é maior á dos homes.

Para o alcalde socialista entre os plans de futuro figura primeiro o desenvolvemento de chan industrial, a continuidade en todo o que ten que ver co desenvolvemento urbanístico da vila, a aprobación do Plan Xeral, pensando sobre todo no rural. Poucos días antes da campaña anunciouse a construción dunha residencia de maiores, un dos eixes do su programa electoral. Co convenio xa firmado, a obra e inminente.

aspontes1923
As pontes barras
0.17246699333191