As Pontes impulsa un grupo de conversa en galego aberto a toda a veciñanza

TerraChaXa
A proposta está impulsada pola Área de Lingua da Deputación da Coruña dentro da Rede de Grupos de Conversa en Galego
conversa-en-galego
29 Apr 2026

O Concello de As Pontes promove a iniciativa Falarmos... Nós!, un grupo de conversa en galego pensado para todas aquelas persoas que queiran gañar soltura no uso da lingua ou simplemente empregar máis o galego no seu día a día. A actividade desenvolverase todos os mércores, entre as 20:00 e as 21:00 horas, na Biblioteca Enrique Rivera Rouco.

Desde a organización destacan que se trata dun espazo aberto a toda a cidadanía, sen importar o nivel de coñecemento do idioma, co obxectivo de crear un ambiente distendido no que practicar a lingua galega sen presións e favorecer a socialización entre as persoas participantes.

A proposta está impulsada pola Área de Lingua da Deputación da Coruña dentro da Rede de Grupos de Conversa en Galego. O Concello anima á veciñanza a participar nesta iniciativa que busca fomentar o uso social do galego e crear novos espazos de encontro arredor da lingua propia de Galicia.

0.11457896232605