As Pontes impulsará clases de pádel durante os meses de verán nas pistas do Canal IV

O Concello das Pontes anunciou a posta en marcha dunha nova edición das clases de pádel para este verán, unha iniciativa que se desenvolverá nas pistas do Canal IV co obxectivo de promover a práctica deportiva durante os meses estivais.
A actividade levarase a cabo ao longo dos meses de xuño, xullo e agosto e estará dirixida tanto a nenos e nenas a partir dos 8 anos como a persoas adultas.
O programa está pensado tanto para aquelas persoas que desexen iniciarse neste deporte como para quen queira mellorar a súa técnica e o seu nivel de xogo nun ambiente dinámico e participativo.
As persoas interesadas en obter máis información ou formalizar a inscrición poderán contactar co responsable da actividade, Roi, no teléfono 661 824 722.
As clases están organizadas polo Club de Pádel As Pontes coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello das Pontes.