As Pontes inicia accións formativas do Programa Integrado de Emprego

TerraChaXa
O Concello das Pontes iniciou as súas accións formativas cun curso de laminado por infusión e GWO dentro do Programa Integrado de Emprego,
Programa Integrado de Emprego As Pontes 2023 portada
26 Abr 2023

O Concello das Pontes, ao abeiro do Programa Integrado de Emprego, subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciado polos concellos da Capela e As Somozas, iniciou hoxe as súas accións formativas cun curso de laminado por infusión e GWO.

Trátase dunha formación teórico-práctica, de 110 horas de duración e na que participan un total de 13 persoas, a través da que o alumnado adquirirá coñecementos sobre diferentes técncias e materiais empregados no mantemento e reparación de elementos do sector eólico. O curso finalizará o 22 de maio, unha vez superada a parte do curso GWO (Global Wind Organization) que certifica a adquisición de habilidades e capacidades básicas de seguridade e resposta ás emerxencias do persoal que traballa no sector eólico con aeroxeneradores.

Por outra banda, tamén durante o mes de maio porase en marcha un curso de habilidades TIC para a búsqueda de emprego (20 horas) no que participarán 15 persoas e no que poderán adquirir coñecementos transversais necesarios para a busca activa de emprego tales como manexo e rexistro nos portais de emprego, nas empresas de traballo temporal, autocandidatura para enviar a través da internet ás diferentes empresas, manexo da red social profesional Linkedin, etc.

Outra das formacións que se porá en marcha durante o mes de maio será un curso de vixiante de seguridade, de 180 horas de formación, a través da que ao alumnado participante adquirirá os coñecementos e habilidades precisas para o desempeño das funcións de vixilancia e seguridade, así como a preparación para a realización das probas que convoca a Secretaría de Estado de Seguridade. Participarán un total de 15 persoas.

Tamén no mes de maio comezará o curso, de Operativa de caixa-terminal punto de venda (COMT013PO) incluído no Catálogo de Especialidades Formativas do SEPE. A formación inclúe 90 horas teóricas e 50 horas de prácticas non laborais en empresas. Os alumnos e alumnas participantes achegaranse aos distintos terminais e instalacións de caixa, o funcionamento das TPV, códigos de barras, manexo das caixas, tipos de pagos, xunto coas habilidades de comunicación e medidas de hixiene e protección dentro dos ambientes de traballo.

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO

O Programa Integrado de Emprego do Concello das Pontes, cunha duración de 12 meses, ten como obxectivo prioritario, en palabras de Ana Pena, concellería responsable da área, “mellorar a ocupabilidade e inserción laboral dos veciños dos concellos de As Pontes, A Capela e Somozas, con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral.

Nesta nova edición participan 100 homes e mulleres desempregadas con especiais dificultades de inserción laboral; persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, mulleres vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos con baixa cualificación, menores de 30 anos con cualificación así como desempregados e desempregadas de longa duración e percetores/as de prestacións. Todas as persoas que participen no Programa Integrado de Emprego terán dereito a percibir unha bolsa de 7 euros por día de asistencia ás accións do programa e así mesmo o programa conta con medidas de conciliación da vida laboral e familiar.

O Programa Integrado de Emprego das Pontes, cun obxectivo de inserción laboral que se sitúa no 42% inclúe un amplo abano de accións informativas, asesoramento, orientación laboral , de carácter individual, e un conxunto de sesión grupais organizadas entorno a adquisición de coñecementos sobre elaboración de currículum vitae, cartas de presentación, entrevistas de traballo así como habilidades sociolaborais e clases de coaching, intelixencia emocional e motivación laboral e mobilidade laboral, entre outras.

Ao mesmo tempo, o alumnado adquirirá competencias profesionais demandadas polo tecido industrial e comercial da contorna a través de cursos e obradoiros, con práctica laboral, sobre mantemento industrial (200 horas) ou un curso de manexo de carretillas e plataformas elevadoras móbiles de persoal (24 horas), entre outros.

O orzamento do Programa Integrado é de 185.625 euros dos cales 148.500 euros son aportados pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade Xunta de Galicia e 37.125 euros polo Concello de As Pontes, Concello de A Capela e Concello das Somozas e conta así mesmo co cofinanciamento do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).

Programa Integrado de Emprego As Pontes 2023
0.19149398803711