As Pontes inicia obras en camiños nos lugares de Poupariña, Esvedral, Penapurreira e Ramallal

TerraChaXa
Os traballos, cun orzamento de 23.689 euros, están financiados a través do POS da Deputación da Coruña
obras-estradas-as-pontes
Fin de obra en camiños das Pontes
2 Xul 2024

O Concello das Pontes iniciou, a semana pasada, os traballos de mellora dos viarios en Cancelas, Poupariña, Esvedral, Penapurreira e RamallaL-Louseira co obxectivo de dotalos dunha maior calidade, tanto estrutural como superficial, para garantir, deste xeito, a seguridade do tráfico.

A través destas actuacións, o goberno local continúa co seu proxecto para mellorar as infraestruturas do ámbito rural, favorecer a calidade de vida da veciñanza, que sumadas ás actuacións xa levadas a cabo e as previstas acometer nos próximos meses, permitirán avanzar cara un municipio máis accesible, cómodo e seguro.

Os traballos, cun orzamento de 23.689 euros, financiados a través do POS da Deputación da Coruña, permitirán a mellora e substitución da actual capa de rodadura para o que será preciso levar a cabo actuacións de varrido de superficie e limpeza de marxes, ademais procederase ademais á limpeza das cunetas e á eliminación de vexetación que invada as vías.

Por outra banda, naquelas zonas da estrada que se atopen afundidas, realizarase un bacheado previo mediante a achega de pedra e a selaxe mediante unha rega con grava miúda.

O afirmado realizarase mediante a extensión dun dobre tratamento superficial formado por unha dobre rega con grava miúda. No caso da estrada de acceso a Esvedral e de Ramallal á Louseira, previamente a devandito dobre tratamento superficial, deberase executar unha capa de saburra artificial e unha capa de macadam bituminoso finalizado mediante unha rega de penetración e recebo.

Os traballos rematarán coa reposición da sinalización vertical.

0.099323034286499