As Pontes inicia un proceso de contratación para o servizo de recadación

TerraChaXa
O Concello das Pontes abre mañá, 18 de xuño, o prazo para presentar as solicitudes para o proceso de constitución e o funcionamento dunha lista de espera de axente notificador e de recadacion, a través de concurso, para dar cobertura a baixas médicas, vacacións, excedencias ou permisos.
18 Xuño 2020

As persoas aspirantes deben cumprir, entre outros, os seguintes requisitos: Ter nacionalidade española ou dalgún país membro da Unión Europea, ter máis de 16 anos, estar en posesión do título de graduado escolar, graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente así como o Celga 3 e permiso de conducir B.

As instancias, xunto coa documentación requerida, deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello, (con cita previa, chamando aos teléfonos 667129389/667129380) en horario de de 08:30 a 14.00 horas,  antes do 27 deste mes, así como a través da sede electrónica municipal.

0.2351610660553