As Pontes investirá na mellora das vías de Niño de Azor

TerraChaXa
Levarase a cabo tamén a limpeza e reperfilado das marxes e cunetas
OBRAS-DEPUTACION-ESTRADAS-BOVEDA-POUTOMILLOS
Obras na vía
17 Maio 2024

O Concello das Pontes investirá 84.542 euros, procedentes da Deputación da Coruña, nas obras de mellora das vías de Niño de Azor na parroquia do Freixo.

O obxectivo desta actuación é darlle continuidade ás diferentes actuacións levas a cabo con anterioridade nesta vía desde a súa conexión coa AC-101 así procederase a
pavimentar un novo tramo ata o cruce que dá acceso ó núcleo de Niño do Azor mediante reparación puntual das fochas existentes con mestura bituminosa en frío (previo varrido da calzada) e posterior execución de nova capa de rodadura con aglomerado asfáltico en quente.

Complementariamente levarase a cabo a limpeza e reperfilado das marxes e cunetas cunha capa de saburra coa finalidade de evitar o chanzo producido polo recrecido do firme. Rematarase a actuación coa sinalización horizontal e vertical necesarias.

Na continuación a este tramo ata o límite do Concello, repararanse as fochancas mediante mestura bituminosa en frío.

0.14520812034607