As Pontes organiza unha recollida solidaria para Ucraína

TerraChaXa
O Concello das Pontes vén de organizar unha serie de actos de apoio ao pobo ucraniano que consistirá nunha concentración silenciosa.
recollida solidaria ucraina as pontes
recollida solidaria ucraina as pontes
9 mar 2022

O Concello das Pontes vén de organizar unha serie de actos de apoio ao pobo ucraniano que consistirá nunha concentración silenciosa este mércores 9 de marzo diante da casa consistorial.

Ademias, estase a levar a cabo unha recollida de produtos para a poboación civil de Ucraína en colaboración coa Asociación Galega de Axuda a Ucrania.

O punto de recollida é o taller ComeLuz Artista, situado na avenida da Habana.

Solicítase por tanto roupa e calzado para bebés e nenos de ata 3 anos, material de atención sanitaria, comida non perecedeira, produtos de hixiene, así como produtos necesarios para a supervivencia (sacos de durmir, mantas, chisqueiros e mistos, cordas, coitelos, mochilas, etc.

Dende a organización lembran que os produtos teñen que estar en bo estado antes de enviar, especialmente no caso nos de segunda man.

As persoas interesadas en obter máis información poden contactar a través do mail aga.ucraina@gmail.com.