As Pontes pon en marcha a sétima edición do Reto Lector

TerraChaXa
O Concello das Pontes, a través da Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco, pon en marcha a sétima edición da iniciativa O Reto Lector, destinada a fomentar a lectura entre os usuarios e usuarias de Biblioteca Municipal e entre toda a veciñanza interesada no mundo la literatura.
13 Jan 2023

O Concello das Pontes, a través da Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco, pon en marcha a sétima edición da iniciativa O Reto Lector, destinada a fomentar a lectura entre os usuarios e usuarias de Biblioteca Municipal e entre toda a veciñanza interesada no mundo la literatura.

“Durante o ano 2022 participaron nesta iniciativa 60 persoas adultas e 75 crianza o que nos permitiu, no só fomentar o gusto pola literatura se non tamén aumentar o o número de préstamos da Biblioteca Municipal, aumentar o número de socios e socias e ademais tivo un impacto positivo en todas as actividades programadas desde a Biblioteca contando cun maior volume de público” apunta Vicente Roca, Concelleiro de Cultura.

Os veciños e veciñas que desexen unirse a esta iniciativa, deberán ler, no caso do público infantil, 12 títulos mentres que o público adulto (a partir dos 14 anos) deberán ler 12 libros do catálogo de fondos bibliográficos da Biblioteca Municipal.

Co obxectivo de facilitar a elección dos títulos, establecéronse varias categorías temáticas que permitirán aos lectores e lectoras organizar as súas lecturas e o seu calendario da forma que lles resulte máis cómoda, sendo recomendable a lectura dun libro ao mes.

As categorías elixidas, no caso do público infantil, son un libro de aventuras, un libro recomendado, un libro cunha portada chamativa, un libro de poesía ou teatro e un libro que pertenza a unha colección.

Asemade terán que ler un libro dun autor ou autora galega, un libro que teña un título composto por tres palabras, un libro cun número no título, un cómic ou álbum ilustrado, un libro que teña un animal na portada, un libro de ciencia ou ciencia ficción así como un libro de fantasía, lendas ou mitos.

O público adulto terán que elixir 12 títulos entre eles un libro clásico da literatura, un libro romántico, unha obra da literatura asiática, un libro infantil, un título de materias relacionadas coa saúde física ou mental, un libro de fantasía e literatura da Comarca.

Tamén terán que ler un libro dunha autora feminista, un libro de poesía, unha novela negra galega, un libro de temática bélica e un título da literatura nórdica.

Co obxectivo de axudar a elixir un título para cada unha das propostas suxeridas, desde a Biblioteca Municipal realizarase unha selección de títulos que estarán a disposición dos lectores e lectoras nos andeis dedicadas ao reto lector. Os lectores e lectoras que logren completar o reto, ao finalizar o ano, recibirán un recoñecemento ao seu compromiso coa lectura.

0.16378211975098