As Pontes ponse en marcha esixindo respostas sobre o futuro de Endesa

TerraChaXa
Os transportistas do carbón das Pontes seguen en pé de guerra e este domingo levaron as súas protestas ás rúas da vila co apoio popular.
folga camioneiros endesa as pontes
folga camioneiros endesa as pontes
8 Mar 2021

Os transportistas do carbón das Pontes seguen en pé de guerra e este domingo levaron as súas protestas ás rúas da vila cunha manifestación que percorreu as rúas da vila e que contou co respaldo de traballadores, veciños e dirixentes políticos.

O grito unáninme foi o de sempre, "por unha transición enerxética xusta" e preto de 200 persoas participantes nesta nova chamada de atención. Un trailer de grandes dimensións abriu a marcha con pancartas nas que se pedía a dimisión de Bogas ou Temboury e esixíanse respostas a Enel, Xunta e Ministerio de Transición sobre o futuro que lles espera a todas as familias que dependen da central.

Xunto aos camioneiros, sumáronse traballadores das empresas auxiliares que continúan co seu encerro nas instalacións pontesas en grupos reducidos de persoas, por cuestións sanitarias. Tampouco faltaron o resto de persoal de Endesa, xunto a representantes sindicais e políticos municipais. Entre os manifestantes tamén estaban os colectivos de empresarios Seara e Cohempo, que levan sumándose a estas concentracións dende o inicio.

Ademais desta camiñada dunha hora, tanto as auxiliares como o colectivo de transportistas continuarán coas súas protestas na central. Hoxe sumarán no seu bloqueo á central a voz do Día da Muller.

Así mesmo, a mesa de seguimento reunirase de novo este venres, día 12, para valorar a viabilidade económica do proxecto de biocombustibles, despois de que os informes técnicos de Idae, Inega e Concello concluísen que é viable técnica e medioambientalmente, malia as declaracións unilaterais de Endesa de que non era así.

manifestacion endesa as pontes camioneiros
0.17770195007324