As Pontes programa un novo ciclo de actividades infantís dentro de Xoves na Biblio

TerraChaXa | FerrolXa
A primeira cita será este xoves 8 na Casa Dopeso, co espectáculo 'Animais artistas e outras cousiñas', de Iván Dávila
xoves-na-biblio-outubro
7 Oct 2026

A Biblioteca e o Concello das Pontes de García Rodríguez organizan durante o mes de outubro unha nova edición de Xoves na Biblio, un programa pensado para achegar a lectura e a cultura ao público infantil a través de propostas de animación e creación.

As actividades desenvolveranse os xoves ás 18.00 horas e estarán dirixidas a diferentes franxas de idade. A primeira cita será este xoves 8 na Casa Dopeso, co espectáculo Animais artistas e outras cousiñas, de Iván Dávila, destinado a nenos e nenas a partir dos tres anos.

O xoves 15 terá lugar na Biblioteca Municipal o obradoiro Creación de monicreques, a cargo de O Faiado de Nin, para participantes desde os cinco anos. A programación continuará o día 22 no Auditorio Alovi coa representación de Rato Pérez, de A Xanela do Maxín, tamén recomendada a partir dos tres anos.

O ciclo pecharase o xoves 29 na Casa Dopeso con En Samaín toca... Maxia!, unha proposta de Magia en la Manga destinada a nenos e nenas desde os cinco anos.

A iniciativa conta coa colaboración da Deputación da Coruña e ofrece prazas limitadas, polo que é necesario realizar inscrición previa no teléfono 981 102 562.

0.14651298522949