As Pontes quenta motores para as Festas do Carme e da Fraga

TerraChaXa
As Pontes celebrará a partir do 15 de xullo as súas festas patronais do Carme e da Fraga, dúas celebracións diferentes que se unen nun programa festivo que conta cunha ampla programación e que combina as actividades culturais coas deportivas.
festas as pontes carme e fraga portada
festas as pontes carme e fraga portada
9 jul 2022

As Pontes celebrará a partir do 15 de xullo as súas festas patronais do Carme e da Fraga, dúas celebracións diferentes que se unen nun programa festivo que conta cunha ampla programación e que combina as actividades culturais coas deportivas.

A Concellería de Cultura elaborou un amplo programa con moitas actividades, pensadas para todas as idades, que aínda que oficialmente abrirá o día 12 co pregón ten xa esta fin de semana varias actividades que se incorporan ao programa dunha celebración que se prolongará ata o 25 de este mesmo mes, un luns que coincidirá festivo.

Así, previamente ao inicio oficial das festas ten lugar dende esta fin de semana o Festival Son As Pontes, sen dúbida unha cita cultural de obrigado cumprimento que abre boca para todo o programa que se desenvolverá a continuación. Trátase da quinta edición do festival de música clásica organizado polas Xuventudes Musicais da Coruña en colaboración co Conservatorio Profesional de Música das Pontes.

Haberá concertos previstos ata o 14 de xullo xusto antes de que abra a programación oficial.

Xunto a este festival será a fin de semana das citas deportivas como o XXXII Gran premio Tutiro 200 platos Foso Olímpico, a XXV edición da Cacería do Zorro ou a Samurai Xtreme Race Lago das Pontes. A estas citas clásicas únese este ano a Primeira Clásica de Regularidade Vila das Pontes, organizada polo club ACAP.

Tamén este sábado haberá un documental co título 87, cuando fuimos los mejores pola noite na Casa Dopeso.

O 15 polo tanto abrirase a programación co pregón, á 20.30 horas na praza do Concello amenizado por un grupo de mariachis. Nesta ocasións, quere renderse unha homenaxe a todos os colectivos que se mantiveron en activo e comprometidos durante o tempo de pandemia. Un novo pregón colectivo, habitual na organización destas festas.

Catro grandes eixes marcan a programación, a programación infantil, os grandes concertos, a música tradicional e a volta das noites de verbena.

No primeiro apartado, os nenos terán as súas activididades polas atardes entre o 15 e o 18 con parque infantil e actuacións de diversa índole, todas para as súas idades. No parque infantil poderán goazar de inchables, xogos e festa da escuma.

Entre os grandes concertos, tres citas importantes. O sábado 16 estará nas POntes Travis Birds e Tu Otra Bonita na avenida 8 de Marzo, ás 21.30 horas. Non poderían falta asn Tanxugueiras tampouco, tamén o sábado 16 a partir das 23.00. O terceiro concerto estará a cargo da artista local Sabela, que as 22.00 horas do domingo 17 volverá a encartar coa súa voz.

No apartado de música tradicional destacan os pasarrúas de Cómbaro, Os Trevillas e Canavella os tres días principais de festas, agás o 17, cando o farán as bandas participantes no Certame que terá lugar eses mesmo día ás 19.30 horas no Cine Alovi. Completa o apartado o Festival Internacional de Folclore, que será o luns a partir das 20.30 horas. Un clásico como é a Banda das Pontes non podía faltar nunha programación o sábado ás 13.00 horas no campo da feira.

Finalmente se recuperan sesións vermú e verbenas, das que se ocuparán grupos e orquestras como Olympus, Miramar, París de Noia, Foliada, Los Satélites e Claxxon.

FESTAS DA FRAGA

A seguinte fin de semana continuará a festa nas Pontes coas da Fraga, que este ano contan cunha programación máis diferenciada e co seu propio cartel.

A música será a gran protagonista con concernos nos que a música folk cobra relevancia. O 23 actuarán sucesivamente Andrés Penabad (22.00 horas), Muxarega (23.30), Os d'abaixo (0.30) e repite Andrés Penabad en DJ Set (1.45).

O domingo haberá pasarrúas ás 12.30 horas con Os Carapaus e A Ferriña Furtiva; e As 18.00 con Os Feroces da Glageuria e No Cómbaro.

Abrirán os concertos Xabier Díaz e Aldufeiras do Salitre, ás 19.30 horas, seguidas de Lilaina (22.30) e Xisco Feijoo (23.45). La Duendeneta pechará a xornada ás 1.45 horas.

Finlamente o 25, día da Romaría da Fraga haberá sesión vermú ás 13.30 horas e verbena ás 22.00 con La Ola, Durante o día haberá actuación na carballeira das charangas Louband, BB+, DGT e Celtas.

MISAS

As celebracións litúrxicas non faltarán coa Novena entre os días 8 e 16 con horario de 7.40 e 19.30 horas. O 16, día de finalización da Novena, o horario muda ás 20.00 horas. A continuación, ás 21:30 solemne procesión de baixasa da Virxe do Carme á igrexa parroquial.

O 17 de julio, solemne misa patronal ás 12:30 na igrexa parroquial. A continuación, procesión de subida da Virxe á capela e ofrenda floral. O 18 a misa será ás 12.30 horas na honra a Santa María Magdalena na capela para rematar o día 25 de xullo con misa ás 13.00 horas na igrexa parroquial.