As Pontes recupera o día 19 a Carreira Pedestre de San Xosé

TerraChaXa
O próximo 19 de marzo disputarase nas Pontes o Campionato Galego de 5 km en Ruta, coincidindo coa XXX Edición da Carreira de San Xosé.
carreira pedestre san xose portada
carreira pedestre san xose portada
12 Mar 2023

O próximo 19 de marzo disputarase nas Pontes o Campionato Galego de 5 km en Ruta, coincidindo coa XXX Edición da Carreira de San Xosé. A proba está incluída no calendario oficial das competicións da FGA nun circuíto urbano homologado. Esta cita deportiva levaba sen celebrarse dende 2019.

As persoas interesadas en participar nestas carreiras e andaina popular poden inscribirse, ata o 14 de marzo, ás 23.59 horas, en www.carreirasgalegas.com. A inscrición terá un custe de 3 euros por persoa participantes na proba dos 5Km, sendo gratuíta no resto das categorías.

A proba disputarase ás 11:00 horas e a liña de saída estará situada na rúa 8 marzo e realizarase pola vía de tráfico rodado.

Establécense diferentes categorías dende biberón a sénior con tres de máster todas elas con diferentes horarios de saída e distancias. Haberá premios para os tres primeiros clasificados de cada categorías e os da absoluta recibirán tamén un premio económico de 300, 200 e 100 euros.

carreira pedestre san xose
0.15650582313538