As Pontes renderá homenaxe ao exalcalde Vítor Guerreiro nun acto con Ana Pontón

TerraChaXa
O evento celebrarase ás 20.00 horas na Casa Dopeso e reunirá tamén a familiares, amizades e persoas próximas ao exrexedor
homenaxe-a-vitolo-bng
26 May 2026

O As Pontes de García Rodríguez acollerá o vindeiro mércores 27 de maio un acto de homenaxe ao que foi alcalde da localidade, Vítor Guerreiro, nun encontro no que participará a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

O evento celebrarase ás 20.00 horas na Casa Dopeso baixo o lema Vítor Guerreiro, alcalde das Pontes e reunirá tamén a familiares, amizades e persoas próximas ao exrexedor, que estivo á fronte do Concello entre os anos 1995 e 1997 e posteriormente entre 1999 e 2007.

Desde a organización destacan que o acto servirá para recoñecer a traxectoria política e persoal de Vítor Guerreiro, unha figura moi vinculada á vida pública e institucional das Pontes durante máis dunha década.

A convocatoria foi presentada cun cartel conmemorativo no que aparece unha imaxe do exalcalde acompañada do lema da homenaxe e da información do acto, impulsado polo BNG.

0.11857295036316