As Pontes retoma a Feira do Grelo a próxima fin de semana

TerraChaXa
O Concello das Pontes celebrará a cuadraxésimo primeira Feira do Grelo a próxima fin de semana con conferencias e actuacións no programa.
feira do grelo das pontes
feira do grelo das pontes
19 Feb 2022

O Concello das Pontes celebrará, tras verse visto obligado a suspender a celebración da edición do ano 2021, a cuadraxésimo primeira Feira do Grelo a próxima fin de semana. Unha cita a través da que a entidade local busca exaltar un dos produtos típicos da gastronomía local e render homenaxe á agricultura máis tradicional.

O programa de actividades deseñado polos departamentos de Turismo e Cultura do Concello pontés conxuga propostas tradicionais como o popular concurso de cestas de grelos con outras iniciativas máis innnovadoras como un obradoiro de prantación de cultivos de primaveira co obxectivo, en palabras da Concelleira de Turismo, Elena López “intentar recuperar e manter a esencia da Feira do Grelo. Con este programa retomamos a súa celebración, aínda non en todo o seu esplendor pero sí tratando de achegarnos á programación de anos anteriores respectando as medidas sanitarias vixentes”.

As actividades que se desenvolverán durante os días 26 e 27 de febreiro, arrincarán o sábado, na carpa situada na Praza de América, coa presentación, ás 11:00 horas do Estudo de necesidade e potencialidades do fungos e cogomelos no territorio para a continuación, ás 12:30 horas dar paso á charla coloquio Etiquetado e información ao consumidor. Mencións obrigatorias. A Venda directa, a cargo de Nieves Mancebo Santamaría, representante do Servizo de Industrias e Calidade Agroalimentaria da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña, en colaboración coa Área de Servizos Agrarios de Betanzos-Ferrol.

Ese mesmo día, a partir das 16:00 horas, tamén na carpa instalada na Praza de América, haberá un obradoiro de horto no que as persoas participantes aprenderán a transplantar, regar e alimentar as plantas que estarán a súa disposición (prantas de cultivo de primavera, aromáticas e sementes de grelo), poderanas levar para casa e aprender como poden servir de xermolo para un novo horto. Así mesmo, ás 17:30 horas no mesmo lugar, a compañía MocMoc actuará co seu espectáculo Mere-Cidamente: malabares, clown e equilibrios. Ademáis as charangas Ardores e DGT amenizarán durante toda a xornada do sábado ás rúas da vila coa súa música.

A xornada do sábado concluirá ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal Cine Alovi co concerto da formación feminini Ialma que ofrecerán un repertorio no que as voces tradicionais, características das cantareiras se fusionan con sons, melodías e arranxos máis modernos. As entradas están a venda na web www.tickentradas.com.

O domingo, o día central da Feira do Grelo, as actividades arrincarán co tradicional concurso de cestas na carpa instalada na Praza de América.

Os produtores poderán presentar as súas cestas de grelos ata as 10:00 da mañá, hora á que o xurado comezará a valorar a calidade das mesmas.

Os participantes optarán a tres premios de 400, 250 e 200 euros e a cinco accésits de 75 euros cada un deles. Tamén haberá o premio especial Alexandre Pérez Sindín á mellor cesta adornada, dotado con 300 euros e unha peza de artesanía doada pola Asociación Amigos da Madeira das Pontes, que, do mesmo xeito que os anteriores, entregarase ás 11: 30 horas na Praza de América.

A partir das 12:00 horas, celebrase unha mostra de xantares de Antonio Díaz, na que baixo o título A cociña dos grelos amosará ás persoas asistentes diferentes modos de revaloraizar o grelo a través da cociña con productos de proximidade. A mostra de xantares inclúe unha degustación de balde para 30 comesais. As persoas interesadas en participar nesta actividade deben inscribirse, previamente, no teléfono 673240434.

Durante a xornada dominical a animación musical correrá a cargo das charangas Santa Compaña e BB+ que animarán as rúas das vila coas suas propostas máis desenfadadas.

Asi mesmo, durante os dous días de Feira, as persoas amantes da artesanía realizada en madeira poderán gozar da XIV Exposición CONtornos que estará instalada, desde o xoves 24 de febreiro ata o 6 de marzo, no primeiro andar do Mercado Municipal.

0.18379592895508