As Pontes reuniu a históricos adestradores, directivos e xogadores dos tres clubs de fútbol

TerraChaXa
Foron máis de 70 persoas vinculadas ao CF Calvo Sotelo, CD Endesa e CD As Pontes
reunion-adestradores-tecnicos-futbol-as-pontes
Foto de Mundito Carballo
21 Xuño 2024

As Pontes recibiu a máis de setenta persoas vinculadas aos históricos equipos de fútbol da vila na que foi a II Xuntanza de Xogadores, Adestradores e Directivos do Primeiro Equipo do CF Calvo Sotelo, CD Endesa e CD As Pontes.

Nesta sesión déronse cita antigos xogadores, adestradores e directivos que non se vían desde hai décadas. Entre eles estiveron os expresidentes Fermín Gil e José Manuel Da Silva, acompañados polos ex adestradores José López, Gerardo Molina, Rodríguez Vaz, José Lemos, Manolo García, Felipe Mieres e Calpita. A reunión foi un verdadeiro evento multixeracional, con pais e fillos, como o porteiro Josu Martínez e o seu fillo Samuel, ademais de José Manuel Pan e o seu pai José, de 86 anos, o participante máis lonxevo.

O momento culminante do encontro foi a entrega da Insignia de Ouro do club e unha figura de Sargadelos a José A. Pena, un dos organizadores e eterno delegado de equipo do CD As Pontes, por parte do presidente da Deputación e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso.

0.19379305839539