As Pontes súmase á campaña Mercanavila 2026 para impulsar o comercio local

TerraChaXa | FerrolXa
O programa está dirixido a persoas maiores de 18 anos e ofrece bonos de ata 100 euros por persoa
mercanavila-comercio
19 Oct 2026

A Deputación da Coruña pon en marcha unha nova edición de Mercanavila, a campaña de bonos desconto destinada a dinamizar o comercio de proximidade e apoiar os pequenos negocios da provincia. A iniciativa desenvolverase do 20 de outubro ao 20 de novembro de 2026 e permitirá á veciñanza obter descontos directos nas compras realizadas nos establecementos adheridos.

As Pontes foi un dos municipios destacados na edición de 2025, na que rexistrou un volume de vendas de 166.546,06 euros, con 44 establecementos participantes. Estes datos sitúan a localidade como un referente da campaña e poñen de manifesto a importancia deste tipo de iniciativas para o comercio local.

O programa está dirixido a persoas maiores de 18 anos e ofrece bonos de ata 100 euros por persoa. Os descontos serán de 10, 20 e 30 euros, en función do importe da compra realizada nos comercios participantes.

Desde o Concello das Pontes animan a veciñanza a informarse sobre esta iniciativa da Deputación da Coruña e aproveitar a oportunidade para apoiar os negocios da vila.

As persoas interesadas poden consultar toda a información sobre a campaña e o seu funcionamento na páxina web oficial.

A campaña busca fomentar o consumo nos establecementos de proximidade, contribuír á actividade económica dos municipios e reforzar o papel do comercio local como elemento fundamental para a vida e a economía das vilas.

0.11734700202942