As quedadas laneiras das Pontes retómanse este domingo trala pausa vacacional

TerraChaXa | FerrolXa
Ademais de tecer, as participantes poderán compartir experiencias e técnicas ata as 19.00 horas
puntadas-con-agarimo1
2 Sep 2026

Puntadas Con Agarimo organiza unha nova quedada laneira esta semana trala pausa de vacacións. Esta será o domingo 6 de setembro, ás 16.00 horas na sede da asociación veciñal Fraga de Dona Rita.

Ademais de tecer, as participantes poderán compartir experiencias e técnicas ata as 19.00 horas.

As persoas que desexen anotarse ou informarse poden facelo no 658 961 505 (Vero).

Puntadas Con Agarimo converteuse oficialmente en asociación un ano despois da súa fundación. As cinco amigas das Pontes, Verónica, Tania, Lucía, Urbana e Elvira non pretendía outra cousa que xuntar a todos os amantes do tecido baixo un mesmo teito para compartir trucos, ideas e tamén algo de risas e contos, unha meta que leva crecendo desde o día 1.

Ademais de tecer, as participantes intercambian unha vez ao mes contos e segredos do tecido xunto a unha merenda.

A resposta a esta iniciativa foi impresionante desde o inicio xa que arredor de 26/27 persoas de media asisten a estas xuntanzas de domingo pola tarde.

0.1524510383606