Asociación Cultural e Deportiva de Árbol organiza unha Festa Pre Fin de Ano

TerraChaXa
A festa terá lugar o próximo 28 de decembro a partir das 21:30 horas
festa-pre-fin-de-ano-arbol
23 Dec 2024

A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol convoca a todos os seus socios a unha gran celebración previa á chegada do novo ano. A festa terá lugar o próximo 28 de decembro a partir das 21:30 horas.

O evento, exclusivo para socios da asociación, contará con pinchos, moita bebida e unha boa festa, asegurando un ambiente divertido e festivo. A participación terá un custo de 10 euros por persoa.

Para garantir a súa participación, os socios interesados deberán anotarse antes do 23 de decembro, que é a data límite fixada pola organización.

0.17419219017029