Asubiíños da Chaira convoca un concurso para deseñar o cartel de fin de curso

TerraChaXa

O colectivo cospeités Asubiíños da Chaira vén de convocar un concurso de carteis con motivo da celebración da festa de fin de curso.

concurso debuxo
concurso debuxo
17 abr 2024

O colectivo cospeités Asubiíños da Chaira vén de convocar un concurso de carteis con motivo da celebración da festa de fin de curso. Haberá premios para os tres primeiros clasificados, que teñen que ter menos de 16 anos.

O festival terá lugar o 14 de xuño, ás 20.00 horas na casa da cultura de Feira do Monte e o prazo para entregar os carteis remata o 25 e abril. Deberá enviarse un correo a asubiinoscospeito@gmail.com.

Aínda que só se escollerá un cartel, haberá premios para os tres mellores, que escollerá un xurado o día 27 de abril.