Asubíos da Chaira abre as inscricións para o curso 2026-2027 en Cospeito

TerraChaXa
A asociación ofrece formación en gaita, pandeireta, acordeón, percusión galega, baile tradicional e iniciación á música, entre outras propostas
asubios-da-chaira
15 Sep 2026

A asociación cultural Asubíos da Chaira, de Cospeito, xa ten abertas as inscricións para o curso 2026-2027, cunha oferta formativa dirixida a persoas de todas as idades, desde os dous anos. A entidade anima a participar sen compromiso e pon á disposición da veciñanza diferentes propostas relacionadas coa música e a cultura tradicional galega.

Entre as actividades previstas atópanse a iniciación á música, dirixida a nenos e nenas de entre 2 e 5 anos, o baile tradicional, a percusión galega, o acordeón e a gaita. O programa inclúe tamén formación en pandeireta, bombo, tamboril e cunchas.

Como novidade para este curso, Asubíos da Chaira incorpora unha actividade de linguaxe musical, coa que busca ampliar a formación musical dos participantes.

As persoas interesadas en coñecer as actividades ou formalizar a súa inscrición poden contactar coa asociación no teléfono 628 631 557.

0.13948011398315