'Atrévete Contigo Mesma' estará en Castro de Rei

TerraChaXa
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) impartirá o mércores 14 de febreiro a Xornada Atrévete Contigo Mesma, no local social da Asociación de Mulleres Rurais A Xuntanza, entre as 10.
portada_20180214_atrevete contigo mesma_castro_de_Rei 1
13 Feb 2018

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) impartirá o mércores 14 de febreiro a Xornada Atrévete Contigo Mesma, no local social da Asociación de Mulleres Rurais A Xuntanza, entre as 10.30 e as 14.30 horas.

Estas xornadas pretenden incentivar a participación de máis mulleres cooperativistas en roles de xestión e toma de decisións desas entidades.

Atrévete Contigo Mesma diríxese a mulleres do entorno rural, especialmente aquelas vinculadas a algunha cooperativa, xa que se ben os datos recompilados por AGACA mostran que, en Galicia, malia contar as cooperativas cun 49% de asociadas, nos consellos reitores participan un 15% delas, baixando ao 4% as presidentas.

Durante a xornada, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais A Xuntanza, exporase a situación das mulleres que viven e traballan no sector agroalimentario no medio rural e identificaranse algunhas das barreiras que frean o acceso de máis socias de cooperativas aos seus órganos de decisión, ademais de buscar modos de superalas.

A través de Atrévete Contigo Mesma búscase dar visibilidade ao rol das mulleres nas entidades do ámbito público como son as cooperativas, ao tempo que se as motiva para que se impliquen máis na súa xestión e administración.

A iniciativa, financiada por Obra Socia la Caixa, tivo unha grande acollida nas súas dúas anteriores campañas, con máis de 500 mulleres tomando parte.

Consulta a programación neste enlace

 

20180214_atrevete contigo mesma_castro_de_Rei 1
0.15793681144714