Augaxosa arranca as súas festas con polbo e churrasco de balde

TerraChaXa | AMariñaXa
O sábado terá lugar a tradicional feira de gando, na que volverán repartirse premios
Fogos artificiais
11 sep 2024

A localidade de Augaxosa, en Riotorto, inicia as súas festas este venres cunha cea a base de polbo, churrasco, xamón cocido e sobremesa a partir das 21.30 horas. Non faltará a verbena para abrir a celebración, a cargo da orquestra Principal e DJ Billy.

O sábado terá lugar a tradicional feira de gando, na que volverán repartirse premios. Esta arrancará ás 9.30 e contará con pasarrúas a cargo dos Gaiteiros de Augaxosa durante a mañá.

Ás 13.00 horas haberá misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo do grupo Fuxsion Latina, que tamén fará a verbena.

O domingo 17 repetirase o oficio relixioso e a sesión vermú de fin de festa estará amenizada polo dúo Venus.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

0.18020606040955