Aumentan as incidencias por mór da neve

TerraChaXa
A presenza de neve nas estradas deixou sen clase a 1.
8 Feb 2018

A presenza de neve nas estradas deixou sen clase a 1.923 alumnos e alumnas da provincia de Lugo, afectou a 36 centros e obrigou a suspender a actividade lectiva no CEIP Ramón Falcón e o IES da Terra Chá José Trapero Pardo, en Castro de Rei, e no CEIP O Salvador da Pastoriza, segundo os últimos datos recollidos esta mañá pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Do total de alumnos afectados, 1434 son usuarios do transporte escolar; rexistráronse 148 itinerarios de transporte escolar totalmente afectados e 28 parcialmente afectados.

Os centros que rexistraron incidencias na zona centro, ademais dos citados, son o CEIP Veleiro-Docampo de Castro de Rei, o CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín, o CEIP de Baamonde, en Begonte; CPI de Castroverde, CPI López Suárez de Friol, en Guitiriz o CEIP Plurilingüe Lagostelle e o IES Poeta Díaz Castro, o Centro de Educación Especial Santa María na capital, o CEIP Poeta Avelino Díaz e o IES Pedregal de Irimia en Meira, o CEIP Antía Cal Vázquez de Muras; en Pastoriza o CEIP de Bretoña, o CEIP O Salvador e o IES Fonmiñá; o CEIP Rosalía de Castro de Pol, o CEIP Plurilingüe de Riotorto, en Vilalba o CEIP Antonio Insua Bermúdez, CEIP Manuel Mato Vizoso, CEIP Monseivane e IES Santiago Basanta Silva, e o CEIP de Xermade,

Na Montaña rexistráronse incidencias tamén no CPI de Navia de Suarna, no CEIP Concepción López Rey de Baleira, CPI Luís Díaz Moreno de Baralla, o IES de Becerreá, o CPI de Cervantes, na Fonsagrada no CEIP Santa María e no IES Plurilingüe Fontem Albei; o CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro e o CEIP de Samos.

Por último, na Mariña rexistráronse ausencias por causa da neve nas estradas no IES Plurilingüe San Rosendo e o CEIP Álvaro Cunqueiro Mora de Mondoñedo, e no IES Enrique Muruais o e CEIP Plurilingüe da Pontenova.

Durante a pasada madrugada, traballadores do operativo de vialidade invernal da Xunta de Galicia estenderon nas estradas da rede autonómica na provincia 48 toneladas de sal e 30.000 litros de salmoira. Así, dende o pasado día 1, o cómputo global suma 1.000 toneladas de sal e 345.000 litros de salmoira distribuído nas estradas autonómicas.

 

0.14255595207214