Avanzan na construción do miradoiro do Pedregal de Irimia

TerraChaXa
A CHMS e o alcade de Meira asinaron o convenio que posibilitará a execución do proxecto do Centro de Interpretación do Alto Miño
pedregal de Irimia_meira
13 Ago 2021

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, CHMS, organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde de Meira, Antonio de Dios, rubricaron o Convenio de colaboración que posibilitará a execución do proxecto de Centro de Interpretación do Alto Miño en O Pedregal de Irimia.

O investimento total necesario estímase en 220.000 euros, a sufragar pola CHMS, pola súa banda, o Concello de Meira achegará os terreos necesarios para a execución do proxecto.

O proxecto

O Pedregal de Irimia é un enclave hidrográfico natural situado na ladeira oeste da Serra de Meira, a 3 quilómetros da capitalidade do municipio. “Un lugar emblemático a valorizar para o goce de veciños e visitantes” explicou Quiroga.

As actuacións consisten na construción dunha edificación de planta baixa, cunha superficie útil aproximada de 150 m2, sobreelevada sobre a rasante do terreo, con materiais da zona, para dedicar a miradoiro, situada nas inmediacións do Pedregal, así como as actuacións complementarias que permitan achegarse ao pedregal de forma segura para escoitar o son da auga baixo as pedras; ademais, construirase un aparcamento para vehículos.

“Con esta iniciativa pretendemos complementar o centro de interpretación do Alto Miño, que construiremos en Fonmiñá, todo iso co interese de potenciar os valores ambientais e paisajisticos da cabeceira do Miño” incidiu o presidente.

O presente convenio ten por obxecto determinar as condicións que rexerán o financiamento, redacción do proxecto, posta ao dispor dos terreos, execución e o réxime da posterior entrega para a xestión, o mantemento e a conservación das actuacións.

concello de meira chms alcalde
0.15835189819336