Avanzan os traballos de rexeneración do firme da LU-P-0106 na parroquia de Corvelle

TerraChaXa
Marta Rouco destacou a importancia desta intervención ao lembrar “o evidente deterioro que presentaba esta estrada"
obras-corvelle
10 May 2025

A Deputación de Lugo continúa coa execución das obras de mellora na estrada provincial LU-P-0106 ao seu paso pola parroquia de Corvelle, no concello de Vilalba. Trátase dunha actuación que ten como obxectivo a rexeneración do firme nun tramo que conecta a vía autonómica LU-113 (Rozas-Abadín) coa estrada nacional N-634.

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou a importancia desta intervención ao lembrar “o evidente deterioro que presentaba esta estrada, algo que os veciños e veciñas nos fixeron saber reiteradamente, polo que insistimos en que se acometera esta actuación canto antes”.

Estes traballos enmárcanse dentro do plan de mellora da rede viaria provincial, impulsado pola Deputación de Lugo, e están orientados a garantir a seguridade e a comodidade da circulación nos núcleos rurais.

Ademais da intervención na LU-P-0106, tamén se está a realizar a rexeneración do firme na LU-P-6513, dende o seu inicio ata a rotonda de acceso á autovía A-8, reforzando así a conectividade e a calidade das infraestruturas viarias do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.16785097122192