Avanzan os trámites da reestruturación parcelaria de Viladonga

LugoXa | TerraChaXa
A directora xeral de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, fixo hoxe entrega dos boletíns das bases deste proceso aos titulares dos terreos
parcelaria-viladonga-reparto
19 Jun 2026

A directora xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural, Paz Rodríguez, participou hoxe na entrega de boletíns das bases de reestruturación parcelaria de Viladonga, no concello de Castro de Rei, aos titulares dos terreos que abrangue, nun acto no que tamén estivo presente o alcalde da localidade, Francisco Balado.

Este é un trámite necesario para continuar con este proceso, de maneira que, ademais de facilitarlles a documentación cos datos sobre as parcelas, informouse aos veciños sobre os prazos e materias susceptibles de seren recorridas en alzada, de ser o caso, así como doutras cuestións de interese. Ademais, explicouse aos propietarios que se aprobaron as bases de reestruturación parcelaria e o plan de ordenación de predios de especial vocación agraria (Popeva).

Na provincia de Lugo, esta é a segunda zona na que se aprobaron bases este ano, despois da de Riomol, en Castroverde. A parcelaria de Viladonga comprende un total de 824 parcelas, correspondentes a 143 propietarios, e abrangue unha superficie total que supera as 550 hectáreas.

0.16264986991882